Deseño Gráfico

Entendo o deseño como unha disciplina artística. Gústame crear imaxes que conten historias a través de formas simples e cores neutras. Síntome moi influenciada polas artes de vangarda e polo minimalismo e busco sempre o equilibrio e a harmonía nas miñas composicións.

Ilustración

Atopo na ilustración un medio de expresión óptimo para proxectar os meus pensamentos. Traballo en soportes físicos e dixitais, empregando técnicas clásicas de debuxo con grafito, misturado con formas xeométricas e acuarelas.

Tattoo

A tatuaxe converteuse nun soporte idóneo para proxectar os meus traballos de ilustración, onde se reflexa un estilo minimalista, con pequenas doses de realismo e gran presencia da xeometría.

Ás veces, creo cousas.