Welcome!

BUSCAS UN ESTUDIO DIFERENTE?

O estudio

Atrave é un estudio de tatuaxe, ilustración e deseño gráfico ubicado no corazón da Limia. As instalacións atópanse dentro do coworking Xpazo.

A historia

Quen é Atrave?

Atrave nace en Xinzo de Limia en 2016 da man de Ana Parada como un proxecto de deseño gráfico e ilustración. Durante dous anos esta é a actividade principal, pero en 2018, por casualidades da vida o mundo da tatuaxe crúzase no camiño e convértese en parte esencial, sendo na actualidade o motor do proxecto. 

Deseño, ilustración e tatuaxe convértense no tándem perfecto, pois os coñecementos adquiridos durante a etapa anterior e a formación académica en Belas Artes van axudar á creación de deseños únicos e adaptados a cada cliente. 

A finais de 2018, Atrave xunto con 6 persoas máis, funda o centro creativo e de coworking Xpazo, onde se ubican as súas instalacións. Aqui é onde o proxecto toma consistencia, se vai moldeando para ser cada día máis sólido e coas ideas máis claras. 

O mundo da tatuaxe implica esforzo, continuidade e paixón polo que fas, polo que a continua formación e o traballo diario son os seus pilares fundamentais, realizando seminarios con artistas recoñecidos internacionalmente como Edit Paints ou Coreh López.