simplicity is the ultimate form of sophistication

Fine Line

O Fine Line ou tatuaxes en liña moi fina consisten en liñas delgadas rectas ou curvas moi ben definidas. Este estilo de tattoos poden ter detalles incribles, e poden chegar a ser moi limpos. As tatuaxes minimalistas son elaboradas con esta técnica.

Puntillismo

Son aqueles deseños que se realizan a base de puntos e están moi emparentados ao estilo pictórico do puntillismo. Realizo con esta técnica prácticamente tódolos traballos de sombras.

Ilustración

Calquera idea que teñas na cabeza pode ser representada a través de ilustracións. Neste estilo misturo as técnicas de fine line e puntillismo para crear debuxos máis complexos.

Queres unha tattoo?

Para solicitar unha cita é imprescindible que a axenda esté abertaA apertura de axenda ten lugar aproximadamente cada tres meses, e permanece aberta durante un máximo de 24 horas. A data de apertura será anunciada con antelación tanto na web coma en redes sociais.

Para rexistrar a solicitude, é necesario cubrir o formulario que se habilitará no apartado de citas.

As solicitudes serán respondidas por orde, durante os próximos meses, enviando un orzamento  que deberá ser confirmado para seguir co procedemento. Unha vez confirmado, asignaranse as datas segundo dispoñibilidade e preferencias de cada persoa.