Como solicitar unha cita?

Queres tatuarte comigo?

Só tes que enviar unha mensaxe de whatsapp ao número 698 120 195 solicitando información e recibirás as instruccións a seguir. 

Senón dispós da aplicación de whatsapp podes enviar un mail a info@atrave.org e seguiremos o procedemento a través do correo.

Poden pasar entre varios días e incluso semanas ata que recibas unha resposta co orzamento dependendo do volume de traballo.

Grazas pola vosa confianza.

Antes da tatuaxe...

Non esquezas que as tatuaxes son permanentes! É importante ter claro tanto o deseño como a zona para evitar arrepentimentos. Non te tatúes senón estás absolutamente convencidx. 

A realización dunha tattoo provoca unha erosión cutánea que pode ser vía de entrada de enfermidades e infeccións. É importante seguir tódolos consellos de curación para evitar unha visita médica e unha mala cicatrización. Asi tamén, as tintas poden desencadenar unha reacción alérxica que precise tratamento médico.

No caso de padecer algunha enfermidade que provoque un déficit inmunolóxico ou durante tratamentos con anticoagulantes ou antiagregantes sempre se deberá consultar cun médico sobre a realización da tatuaxe.

Onde atoparme?

O estudio A Trave atópase no núcleo de Xinzo de Limia, no interior do coworking Xpazo.

Atención con cita previa

A Trave é un estudio privado e non se atende sen cita previa. Se precisas facer algunha aclaración en persoa sobre o teu deseño envíame un correo a info@atrave.org

Localización do estudio

Rúa Curros Enríquez 26 · Xinzo de Limia
Non se atenden consultas por teléfono
info@atrave.org