Preguntas frecuentes

Preguntas e respostas máis frecuentes sobre o proceso para tatuarse comigo

Debemos ter presente que unha tatuaxe é unha ferida, polo que sempre corremos risco de infección senón a coidamos de xeito adecuado.

As persoas alérxicas teñen un maior risco de padecer algunha alerxia a algún dos compoñentes empregados durante o proceso da tatuaxe.

As persoas con diabetes sofren un maior risco de infección debido a que o proceso de cicatrización soe ser máis lento. 

As persoas con enfermidades conxénitas cardíacas ou renais deberán prestar especial coidado e consultar sempre ao seu médico sobre a realización da tatuaxe. No caso de estar a tratamento con anticoagulantes ou antiagregantes deberase consultar co médico sobre a súa supresión. 

Menores de 16 anos

Embarazadas

Zonas con dermatite, herpes ou psoriase activos.

Cicatrices queloides

Tras tratamento do acné

Dermografismo

Discrasia sanguínea

Tratamento con anticoagulantes

Alerxia ás tintas

Hepatite

Verrugas

Os días previos á realización da tatuaxe:

• Non se deben tomar fármacos antiagregantes, coma a aspirina.

• Non se deben tomar fármacos anticoagulantes nin vasodilatadores.

• Non inxerir alcohol ou otras drogas.

• Non expoñer ao sol nin raios UVA a zona de aplicación.

• Non tomar mariscos, nin comidas fortes ou picantes, horas antes de realizar a tatuaxe.

• Hidratar a zona a tatuar a diario.

O coidado da tatuaxe é imprescindible para asegurar unha correcta cicatrización e evitar perdidas de tinta ou incluso infeccións.

• Unha vez finalizada a tatuaxe, a tatuadora taparaa con film transparente ou xel específico de protección que deberás retirar pasadas 24 horas (film) ou 12 horas (xel). Unha vez retirado, deberemos lavar a tattoo con auga e xabón ph neutro dando unha suave masaxe cos dedos para eliminar a capa de mucosa e exceso de tinta que a propia tatuaxe crea.

• Seca a tatuaxe con papel de cociña dando lixeiros golpes ata deixalo completamente seco. Aplicaremos unha fina capa de crema (recomendado Bepanthol) masaxeando ata que quede transparente. É IMPORTANTE non deixar capas grosas de crema que impidan a correcta cicatrización e deberás repetir o proceso de lavado, secado e aplicación da crema unhas 3 ou 4 veces ao día durante os primeiros días de curación.

• En canto a tatuaxe comece a cicatrizar, formarase unha fina costra, que en ningún caso debemos arrancar, esperaremos a que se desprenda por si soa. No caso de experimentar picor, podemos calmar a sensación frotando suavemente coas mans lavadas, pero nunca rascando coas uñas.

• Procura manter a zona o máis limpa posible ata que a tatuaxe esté curada. Non tomar o sol ata a total curación, e despois sempre con protección solar. Na ducha intentaremos mollar a tatuaxe o menos posible durante os primeiros días. Podemos tapar a tatuaxe cunha gasa estéril ou venda para evitar rozaduras coa roupa os primeiros días, pero deixaremos que cure ao aire sempre que sexa posible.

• Se se producise inchazón, aplicar xeo seco. En caso de sospeita de infección poñerse en contacto coa tatuadora que nos recomendará visitar a un profesional médico se fose preciso.

Para solicitar unha cita só tes que enviarme unha mensaxe de whatsapp ao número 698 120 195 e recibirás a información necesaria e os pasos a seguir. 

Senon dispós da aplicación de whatsapp podes enviarme un mail ao correo info@atrave.org

Para solicitar orzamento hai que seguir o mesmo procedemento que para solicitar unha cita. Sempre envío o orzamento estimado antes de marcar unha data, polo que senón vos encaixa no presuposto ou simplemente non queredes facer a tatuaxe só tedes que comunicalo e a solicitude queda anulada. Unha vez feito o deseño, para anular a cita hai que abonar o importe de dito deseño. 

Dende que facedes a solicitude de cita poden pasar de 15 a 20 días ata que recibades unha resposta. 

Se facedes a solicitude por mail recordade revisar a bandexa de spam do voso correo.

Canto antes confirmedes o orzamento, e máis detallada sexa a vosa solicitude en canto ao concepto, tamaño, zona, etc. antes poderemos realizar o deseño e marcar unha data para a realización da tatuaxe.

Depende do momento e das circunstancias, a espera pode ir dende os 15 días ata os 3-4 meses. 

Ten en conta que unha tatuaxe é para sempre, polo que uns meses da nosa vida non son nada comparado co tempo que a desfrutaremos. 

Unha vez feita a solicitude de cita e confirmado o orzamento, procederemos a facer un bosquexo coa vosa idea que será enviado por mail, sobre o que poderedes suxerir modificacións. Se finalmente tras os cambios suxeridos ningún deseño vos convence, o prezo deste deberá ser abonado.

Si, podemos facer varias tatuaxes o mesmo día. Recordade enviar toda a info no mesmo formulario. Unha vez revisada a solicitude, decidiremos se é posible facelas todas na mesma sesión, según o tempo estimado e a dificultade das mesmas. 

Depende do tamaño e complexidade das pezas. Para tatuaxes pequenas adoito facer descontos debido ao aproveitamento do material sempre que sexan na mesma sesión. Non hai unha promoción específica, depende de cada deseño e zona do corpo.

Non fago desconto se as tatuaxes as realizan distintas persoas aínda que sexa na mesma sesión. 

No proceso de resposta ás solicitudes dou preferencia ás tatuaxes que máis se axusten ao meu estilo.

• Fago tatuaxes de liña fina, ilustración, microrealismo e puntillismo.

• Prefiro as pezas pequenas de ata 15cm e preferentemente en zonas accesibles como brazos, pernas e parte alta da espalda.

• Nunca tatúo tribales, maoríes, oriental, tradicional nin neotradicional. Se queredes unha tatuaxe destes estilos asegurádevos de visitar un estudio especializado nestas técnicas.

• As zonas como pés, costelas ou abdome son moi dolorosas, polo que deberedes valorar a vosa capacidade para aguantar a dor. Se tedes o umbral da dor baixo, valorade outras opcións, pois tedes que ser conscientes de que teredes que permanecer inmóviles para asegurar a miña comodidade e por conseguinte  obter o mellor resultado posible. 

Si, temos vales regalo dixitais e en papel. Os vales teñen unha caducidade de 6 meses e poden ser do importe que desexedes a partir de 50€. 

A persoa que recibe o vale deberá facer unha solicitude para reservar a súa cita a través do formulario, indicándome en observacións que posúe un vale regalo e o importe correspondente. 

Para mercar un vale regalo envíame un correo a info@atrave.org